Wednesday 15 de May de 2024

O BNG informa en Cabanas da campaña contra a suba dos prezos


· As nacionalistas levaron a cabo un reparto informativo e a divulgación de pílulas en vídeo nas redes sociais do BNG local

No marco da campaña nacional “Facer Valer Galiza”, coa que o BNG presenta as súas propostas para combater a crise de prezos derivada da inflación, o BNG de Cabanas levou a cabo unha serie de accións para dar a coñecer entre a veciñanza cales son as alternativas que propoñen. Entre estas accións inclúense os repartos informativos e pílulas audiovisuais distribuídas na redes sociais.

O tenente alcalde e portavoz municipal do BNG, Iago Varela, valorou positivamente a recepción da campaña entre a sociedade de Cabanas. “A nosa veciñanza asiste con preocupación á suba do prezo da luz, dos combustíbeis, das hipotecas ou da cesta da compra dos produtos básicos; pero deben saber que hai alternativas para combater esta crise”, indicou Varela.

A alternativa do BNG para combater esta crise de prezos pasa por executar un paquete de medidas “enfocado nas persoas”, para o cal propoñen subir as pensións e os soldos máis baixos, restituír a Tarxeta Básica, limitar o prezo dos alugueiros ou crear unha empresa pública de enerxía, entre outras.

Manifestación nacional o 18 de decembro

Fronte á grave situación de inflación e precariedade, o BNG convidou á veciñanza de Cabanas a sumarse á manifestación nacional convocada polo BNG para este domingo 18 de decembro, ás 12 en Compostela, baixo o lema “Non é unha crise de prezos, é unha estafa”, coa que reivindican unha saída digna e xusta a esta crise.